¿Que fai ben Alberto?

Publicar novo tema   Responde-lo tema

Ver tema anterior Ver tema seguinte Ir abajo

¿Que fai ben Alberto?

Envío por adrian el Dom Abr 06, 2008 12:49 am

Queda aberto este post para alabanzas, apoio, etc. ao traballo do señor alcalde. Un saúdo.

adrian
Admin

Mensaxes : 11
Rexistrado : 27 Mar 2008

Volver arriba Ir abajo

Re: ¿Que fai ben Alberto?

Envío por duarte el Mer Xuñ 25, 2008 9:45 pm

Isto foi publicado no Diario de Arousa.

""Tomadura de pelo en Catoira.
O Concello de Catoira anuncia con bombo e platillo na súa páxina web,que a Consellería de Medio Ambiente, ven de declarar Pedras Miúdas: Espazo Natural de Interese local. ¡¡Felicitacións¡¡
Cabe preguntarse se o Concello ou o noso Alcalde que todo é o mesmo,
lle comunicou a Consellería de Medio Ambiente que a menos de setenta
metros da lagoa, vai pasar o AVE. ¿Qué vai facer entonces a Xunta,
declarar un espazo natural con montaña rusa incluida?? É evidente que o Sr. do Concello de Catoira ven de facer outra das súas ?gambadas?, porque si na Consellería souberan que o novo tren vai por ahí, non declararían tal espazo natural.
¿A que xogan no Concello? ¿queren provocar un conflicto entre duas
administracións, para despois lavarse as mans botándolle a culpa do
fracaso das xestións a unha ou a outra administración? Coido que non
son tan intelixentes- o que si é certo, é que este Sr. engananos a
todos de novo, mellor dito, pretenden enganarnos ?xa que un servidor
lémbrase do Sr. Alcalde- cando dixo públicamente que o tren non
pasaría por alí (asamblea ordinaria da comunidade de montes de San
Miguel en 2005) como tamén dixo que el foi a Madrid a arranxalo todo?
Certo que por alí mesmo non pasa, faino a escasos metros dun lugar
que por decreto oficial a Xunta acaba de declarar protexido, que, por outra banda, a ver de que o protexen agora, ¡quizais da instalación dun aeroporto! e como a protección sexa tan efectiva coma ata agora, vamos aviados?
En segundo lugar, parece que o Concello fora o artífice de todo o que se fixo ou vai facer na lagoa, pola cantidade de flores que se botan na web e na revistiña do PSOE, esquecendo que precisamente houbo quen recibía pola porta grande aos que querían facer o vertedoiro na lagoa, pero que grazas aos veciños e a unha nova directiva dos montes, lle pararon os pes aos de Remosil e a outros, porque precisamente os promotores do vertedoiro presumían da boa relación co Sr. da casa grande?
¿A que foi o Sr. a Madrid, cando dixo que estaba arranxando o do
tren? Foi acaso de dama de compañía do Sr. Gago? A verdade é que
pasear, se lle da moi ben, por Arxentina ou por Madrid, cos cartos do Concello, e decir cos cartos de todos? Claro que dubido que o noso Alcalde poidera compararse ?a nivel de influencias- co antigo Alcalde de Vilagarcía, que en vez de ir a carrexar votos das Américas, foi a a Madrid para conseguir que o AVE pasara por onde lle conviña aos de Vilagarcía, o que merece parabéns, aínda que como catoirense me perxudique.
E por último, Sr. Alcalde? ¿onde pensaba facer vostede a famosa
Escola Obradoiro da Lagoa, que según dixo perdeuse por culpa da
comunidade de montes? ¿enrriba da vía do tren (da lagoa) ou na Finca
de Patiño?"
Acaso dáballe igual estragar 1 millón de euros para que logo co novo
tren houbera que tirar con todo???
A peniña de todo isto é o único culpable de todo é o pobo de Catoira, que a todo lle din amén?
""

duarte

Mensaxes : 2
Rexistrado : 31 Mar 2008

Volver arriba Ir abajo

Ver tema anterior Ver tema seguinte Volver arriba


Permiso de este foro:

Non pode responder a temas neste foro